Evento: Mordem
Mordem
A palabra galega para ’morden’, sacada dun poema de Rosalía de Castro, serviu a Elba Fernández para bautizar o seu novo proxecto, Mordem.
Elba Fernández deuse a coñecer en 2010 baixo o pseudónimo de Jane Joyd e coa súa primeira maqueta resultou gañadora do Proyecto Demo 2011 de Radio 3 e o Festival Internacional de Benicássim. En 2012 publicou o seu primeiro EP, Shy Little Jane Presents: The Dramatic Tale Of Her Animals, ao que seguiu unha segunda entrega un ano despois, Shy Little Jane Presents: So Lost In This Bleak Winter Landscape, editados ambos por Origami Records.
Quen a coñeza daquela etapa, atoparán neste novo alter ego de Elba a mesma habilidade para crear ambientes e estados, pero en Mordem non predominan as cordas, e o folk da súa anterior encarnación deu paso a sons máis variados, ás veces próximos ao trip hop, outras ao novo R&B, o ambient, o pop, o dreampop… atravesado todo elo por pianos contemporáneos que van vertebrando, xunto coa voz e os coros, un novo estilo máis nórdico e menos americano.
O primeiro disco de Mordem publicouse o 29 de septiembre de 2017. Fragments to Dominate the Silence foi gravado e mesturado en Estudios Reno por Luca Petricca (out-nov 2016) e conta con grandes músicos como Xavi Font ao piano, David Unison encargado da produción e as baterías e Manuel Cabezalí á guitarra. A masterización correu a cargo de Fred Kevorkian (NY)
A banda en directo está formada por Elba Fernández (guitarra / voz), David Unison (batería) e Adrián Solla (teclados).
Máis eventos de tipo Concerto