Evento: Strazz & Los Zeta
Strazz & Los Zeta
Tras unha dilatada carreira profesional na que Strazz chega aos núm. 1 de diferentes listas de éxitos, percorrendo España e parte do estranxeiro; agora renace cun novo traballo: Kronus, que presentará por todo o territorio nacional nunha xira coa súa banda Los Zeta.
Neste novo espectáculo, Jose en solitario toma a batuta da banda Los Zeta para realizar xuntos unha viaxe por 17 universos nos que o deus Kronus, traveso e malvado, encarnado en Strazz, loita por conseguir que o tempo mecánico domine os seres de todos os planetas.
Esta loita preséntase en forma de danza cunha espectacular posta en escena que dá paso a un espectáculo musical brillante e moi potente.
Durante o concerto, Strazz e Los Zeta fan un percorrido polo último traballo de estudo de Strazz: Kronus, salpicado cos temas máis coñecidos da carreira do grupo, como Elecktroshock, que o situou no máis alto das listas nacionais, dándose a coñecer a nivel internacional polo seu son diferente e unha estética rompedora.