Evento: Canta música!
Canta música!
Canta música!
Espectáculo musical para os máis pequenos e pequenas de Pablo Díaz e Olga Kirk
Concerto-obradoiro de canto, música e xogos levado a cabo por Pablo Díaz e Olga Kirk. Con cancións infantís e xogos bailables, ritmos básicos da nosa cultura musical e cancións do Tic-Tac e do Toc-Tac. Para nenos e nenas de 4 a 8 anos.
Este espectáculo forma parte da programación para toda a familia de 'Pensado para vós', que se celebra nas Bibliotecas Municipais da Coruña.