Evento: Orquesta de Instrumentos Reciclados de Cateura

Orquesta de Instrumentos Reciclados de Cateura
venres, 28 decembro, 2018 - 20:30
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Orquesta de Instrumentos Reciclados de Cateura

Concerto benéfico coa colaboración do cantante Iván Ferreiro

Toda historia ten un comezo, e esta ten o rostro dun violín atopado no lixo. Sucedeu en 2006. O escenario é o gran vertedoiro de Cateura, en Asunción, capital de Paraguai. Un lugar onde os residuos se converteron en parte da paisaxe e no medio de vida para moitas persoas que se dedican a recuperalos.

Fabio Chávez, músico paraguaio, tivo entón a idea de utilizar estes materiais co obxectivo de fabricar instrumentos e ensinar música aos nenos da zona. Así, e dunha maneira enxeñosa, comezaron a preparar guitarras, violíns, contrabaixos ou saxofóns. Vinte nenos, fillos dos traballadores do vertedoiro, comezaron a tocar os instrumentos e convertéronse nos pioneiros da orquestra, conseguindo facer realidade o seu soño.

Máis eventos de tipo Concerto

Maxicamente
2 de xullo
Praza do Cantón
Maxicamente
3 de xullo
Praza do Concello
Catas sonoras
3 de xullo
Museo do Viño de Galicia