Evento: A pegada dos peixes

  • cartel
A pegada dos peixes
sábado, 10 novembro, 2018 - 17:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

A pegada dos peixes

Novembro, mes da ciencia

Os peixes son animais vertebrados que ocupan unha gran variedade de hábitats no medio acuático e, para adaptarse a estes ambientes, desenvolveron morfoloxías moi diversas. Podemos fixarnos nas súas aletas, na posición da súa boca ou no tamaño dos seus ollos para observar as distintas formas que presentan. Se temos nas nosas mans un rodaballo, unha pescada ou un cabaliño de mar, xa podemos decatarnos que existen peixes moi diferentes entre sí, pero … Por que son tan diferentes? Para que lles serve cada aleta? Por que uns teñen uns ollos tan pequenos e outros tan grandes? Como é un peixe plano cando nace?

A través desta actividade daremos resposta a estas cuestións dun xeito creativo e divertido. Apalparemos as distintas anatomías dos peixes e empregaremos unha técnica de expresión artística xaponesa (o Gyotaku) para plasmar en papel e téxtil estas anatomías tan diversas e curiosas.

Imparte: Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

Horario: de 17:00 a 19:00h

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: de 11 a 15 anos

Nº de prazas: 40

Observacións: de balde, precisa inscrición na web

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de Zentangle
30 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Mulleres, ritmo e tradición
30 de maio
Biblioteca Municipal
Obradoiro de cerámica castrexa
31 de maio
Museo do Castro de Viladonga