Evento: Unha mirada de antano
Unha mirada de antano
A Aula da Natureza Juan Lembeye, do Xardín botánico Ría do Burgo, acolle a exposición Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, que permite descubrir como era o día a día na Galicia dos anos 20 e a obra de Ruth Matilda Anderson.
Esta fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York chegou a Galicia en agosto do ano 1924, data na que desembarca no porto de Vigo xunto ao seu pai co encargo de capturar en imaxes Galicia. Volvería en 1926 acompañada doutra fotógrafa, Frances Spalding, para ampliar a colección de imaxes. Anderson fixo unha recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso.
O programa complétase con actividades para escolares e mozos:
• Viaxando da man de Antón, o fillo do afiador. Infantil a 3º de primaria
• Pontevedra 1924. Regreso ao pasado. 4º de primaria a 2º de ESO
• Unha mirada de antano. 3º, 4º de ESO, bacharelato e C.F.