Evento: Ciclo de cinema: Voces rotas

  • Mustang
Ciclo de cinema: Voces rotas
martes, 6 novembro, 2018 a martes, 27 novembro, 2018
Sede Afundación de Pontevedra,
Pontevedra

Ciclo de cinema: Voces rotas

Proxeccións de películas baseadas en diferentes temas sociais

Durante os meses de outubro e novembro Afundación proxecta unha serie de películas baseadas en diferentes temas sociais, como son a infancia, o racismo e a relixión, entre outros.

Programación:

6 novembro, 19:00h: Ida (Ida. Sister of Mercy) Pawel Pawlikowski, Polonia, 2013. 82 min. NRM 7 anos.
Polonia nos anos 60. Anna, unha moza orfa a punto de se facer monxa, descobre a unha parente viva, unha tía que non quixo facerse cargo dela cando era nena. A nai superiora obriga a Anna a visitala antes de tomar os hábitos. A tía, unha xuíza desencantada e alcohólica, desvélalle a súa verdadeira identidade. O seu nome real é Ida Lebenstein, é xudía e a súa familia foi asasinada da man do réxime nazi.

13 novembro, 19:00h: Yo, Daniel Blake (Daniel Blake) Ken Loach, Reino Unido, 2016. 110 min. NRM 12 anos.
Por primeira vez na súa vida, Daniel Blake, carpinteiro inglés con problemas cardíacos, vese obrigado a deixar de traballar. Porén, a administración sanciónao se non busca emprego. Na procura del, coñece a Katie, solteira con dous fillos. Ambos intentarán axudarse mutuamente.

20 novembro, 19:00h: Mustang Deniz Gamze Ergüven, Francia, 2015. 97 min. NRM 7 anos.
Tras un inocente xogo na praia canda os seus compañeiros de clase ao comezo do verán, a vida de cinco irmás orfas dunha pequena vila turca cambia radicalmente. A avoa e o tío, desgustados pola suposta inmoralidade dos seus actos, deciden tomar medidas para garantir a virxindade das rapazas e empurralas cara ao matrimonio.

27 novembro, 19:00h: Verano 1993 (Estiu 1993) Carla Simón, España, 2017. 97 min. Todos os públicos.
Frida é unha nena de seis anos adoptada tras a morte da súa nai. Afronta o primeiro verán da súa vida coa familia adoptiva, afastada de todo aquilo que coñecía. No medio do campo debe adaptarse á nova vida e ás novas persoas que a acompañan.