Evento: Semana internacional de cine de autor de Lugo
Semana internacional de cine de autor de Lugo
A 1ª Semana Internacional de cine de autor celebrouse en Lugo en 1979. Desde entón, cada ano, o mes de setembro constitúe unha cita xa imprescindible para os cinéfilos que poden así mergullarse no mundo do cine e homenaxear aos lucenses relacionados coa sétima arte.
A programación do festival abrangue distintas seccións, ademais da Oficial: Infantil, O mellor do ano, Arte de cine, Memoria Histórica ou Cine galego son algúns dos ciclos que se poderán ver na edición de 2018, que supón a 40 do evento.
As Semanas de cine de autor están organizadas polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá coa colaboración de diversas entidades, como o Concello de Lugo, a Deputación Provincial de Lugo ou a Xunta de Galicia, xunto con outras empresas.
Máis eventos de tipo Festival