Evento: Festival Xironsa

  • Festival Xironsa
  • Festival Xironsa
Festival Xironsa
venres, 24 agosto, 2018 a sábado, 25 agosto, 2018
Parroquia de Corvillón,
Cambados

Festival Xironsa

XVIII edición do evento de música popular e folk

O Festival Xironsa leva outro ano máis a súa proposta musical con múltiples actividades á parroquia de Corvillón, en Cambados. Esta é a edición número 18 do evento, organizado pola asociación cultural Xironsa, da propia parroquia de Corvillón. 

Durante as dúas xornadas do festival hai tempo para concertos de tarde e de noite, sesión vermú, actuacións para todos os públicos, xogos tradicionais xantar popular e feira artesá. No cartel mestúranse artistas consolidados da música folclórica e popular xunto a outros menos coñecidos. Este ano poderase escoitar a artistas como Heredeiros da Crus, Davide Salvado ou Susana Seivane. 

A proposta complétase con postos de comida e unha zona de acampada de balde.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos