Evento: V Noite das Perseidas
V Noite das Perseidas
Unha experiencia digna de recordo onde os sons, a gastronomía, a paisaxe e as estrelas transportarán aos participantes á vida dos nosos antepasados da Idade do Ferro.
Así, ás 20:00h, o musicólogo Abraham Cupeiro achegarase á parte máis íntima e humana dos instrumentos de vento. Resoando no pasado é un concerto pedagóxico no que conflúen arqueoloxía, investigación e interpretación musical a partes iguais.
Ás 21:30h, aqueles que así o desexen, poderán gozar dunha cea temática no interior do castro de San Cibrao de Las, un apetitoso menú elaborado para os máis exquisitos padais castrexos.
A partir das 23:00h terrá lugar un percorrido guiado polas rúas da antiga Lansbrica, sempre impoñente baixo o ceo estrelado de verán.
Finalmente, a velada rematará coa actividade de observación e explicación do ceo nocturno desde o xacemento, a cargo da Asociación Astronómica de Ourense (AAO).
É necesario reservar previamente, xa que o aforo é limitado.