Evento: Sax Antiqua

  • Sax Antiqua
Sax Antiqua
domingo, 2 setembro, 2018 - 19:00
Campamento romano de Ciadella,
Sobrado

Sax Antiqua

Sonoridades barrocas para conxunto de saxofóns

Formado en 2003, Sax Antiqua é un grupo pioneiro pola súa dedicación en exclusiva á interpretación de música barroca arranxada para conxunto de cámara de saxofóns. Integrado por nove saxofonistas profesionais de diversa procedencia, o grupo pretende levar un instrumento moderno, como o saxofón, tradicionalmente asociado á música de jazz, a un ámbito en principio alleo, como é o da música antiga.

 

Formación

Pablo de Coupau, saxofón soprano

Antonio Felipe, saxofón soprano

Sara Seoane, saxofón soprano

Israel Bajo, saxofón alto

Irene Rodríguez, saxofón alto

Sergio Díaz-Ropero, saxofón tenor

María Luzuriaga, saxofón tenor

Daniel Durán, saxofón barítono

Alberto García, saxofón barítono

 

Este evento forma parte da programación de Espazos Sonoros 2018, unha proposta cultural organizada pola Xunta de Galicia para achegar á cidadanía a lugares singulares do patrimonio, a través dun programa de actuacións de música e visitas.

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes
Candlelight: Queen vs. ABBA
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Candlelight: Tributo a Coldplay
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5