Evento: Mulleres da Raia + Palmira
Mulleres da Raia + Palmira
Dentro do ciclo Cinema no Xardín do Liceo Mutante, proxectaránse os filmes Mulleres da Raia e Palmira, ambos da directora Diana Gonçalves.
Mulleres da Raia é unha viaxe ás fronteiras do norte de Portugal e Galicia que nos transporta ao noso pasado máis recente. O contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país veciño. A Raia, como popularmente é coñecida a fronteira, garda unha historia de loita diaria pola supervivencia, e as súas mulleres son testemuñas e protagonistas.
Palmira foi unha das protagonistas do primeiro documental de Diana Gonçalves, Mulleres da Raia. Do outro lado da cámara, a tentativa de atopar ese intre fugaz que nos revela algo máis da vida.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual