Evento: A muralla de Lugo: Patrimonio da humanidade e fogar dos vencellos
A muralla de Lugo: Patrimonio da humanidade e fogar dos vencellos
A construción da muralla romana introduciu cambios na fisionomía da cidade antiga. Algúns edificios quedaron cortados polo seu trazado, como sucedeu coa Domus do Mitreo, punto de partida da andaina. Ao longo do percorrido, poderanse observar os cambios urbanísticos que se produciron na contorna da muralla nestes últimos anos, as intervencións arqueolóxicas ligadas á súa conservación e os novos modos de integrar o patrimonio natural no patrimonio
cultural, porque os vencellos aniñan entre as súas pedras e son parte da mesma paisaxe.
Cos camiñantes convidados Celso Rodríguez Cao, arqueólogo especialista na muralla, José Pastor Ferreiros Carreira, arquitecto do servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial de Lugo e Gustavo Ferreiro, membro da Sociedad Española de Ornitología.
Prazas limitadas a 80 persoas. Inscrición do 30 de xullo ao 3 de agosto no web http://monumentagalicia.com/