Evento: Romaría das Irmandades da Fala

  • Cartel da romaría
Romaría das Irmandades da Fala
sábado, 7 xullo, 2018 - 12:00
Elviña,
A Coruña

Romaría das Irmandades da Fala

A convocatoria busca repetir o percorrido realizado daquela polos Vilar Ponte, Lugrís ou Cabanillas

O 2 de xullo de 1916, as Irmandades da Fala da Coruña celebraron nos campos de Elviña unha "xunta campestre". Esta xuntanza foi o primeiro acto público, festivo e asembleario en prol do idioma galego. Agora, o Colectivo Literario In Nave Civitas, a Asociación de Vecinos Os Rexumeiros de Castro de Elviña e a Sociedade Cultural Deportiva Tempo Novo organizan unha romaría que servirá para lembrar aquelas xuntas campestres das Irmandades. A convocatoria busca repetir o percorrido realizado daquela polos Vilar Ponte, Lugrís ou Cabanillas.

A romaría partirá ás 12 horas do lugar que ocupaba a Granxa Agrícola Experimental, hoxe un aparcadoiro anexo ao Mercado do barrio. Desde alí camiñarase ata o lugar de Os Curutos (preto do Castro de Elviña), facendo unha parada ás 13 horas no local social Sociedade Cultural Deportiva Tempo Novo, na aldea de Elviña. Ás 14.30 comezará o xantar campestre, levando cada persoa o que queira comer ou compartir.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festividade do Apóstolo Santiago
18 de xullo a 31 de xullo
Santiago de Compostela
Festa do Viño Albariño
30 de xullo a 3 de agosto
Plaza de Fefiñans
Mostra da Olería de Buño
Mostra da Olería de Buño
31 de xullo a 3 de agosto
Buño