Evento: Terrazeando
Terrazeando
O ciclo TerraZeando volta neste 2018, na súa sétima tempada, cun feixe de propostas distintas, que abranguen desde pop, folk, garage ou retrosicodelia. A iniciativa, organizada por Desconcierto Cultural, pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo, espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xeradas por un concerto.
Todos os concertos dos ciclo serán ás 21:00 horas e a asistencia é de balde.
Programa
- Martes 26/06 | Praciña do Olvido: Kings of the beach + Baywaves
- Mércores 04/07 | Hotel O Xardín de Julia: Dear telephone
- Mércores 11/07 | NH Collection Santiago: Los Reyes Magos
- Mércores 18/07 | Hotel Costa Vella: Exnovios
- Xoves 26/07 | Xardín do Pazo de Amarante Helen & Shanna + Alberto & García
Máis eventos de tipo Festival