Evento: Premios Fouciño
Premios Fouciño
Este certame conta cun concurso audiovisual de curtas, proxeccións e concertos.
Ao longo de varios veráns, aproximadamente entre o 1994 e o 1999, unha panda de amigos de Baio reuníase para rodar escenas da que ía ser unha curtametraxe, dada a súa afección ao cine; concretamente, foi un membro dese grupo de amigos o que desempeñou todos os roles detrás da cámara, incluído guión, música orixinal e dirección, e ata pediu un crédito para o equipo de edición, o cal consistiu en dous equipos de VHS.
Esta peza, na que participaron entre vinte e trinta mozos e que dura pouco máis dunha hora, viu a luz nun pub da vila; vinte anos despois da estrea de Fouciño Sanguento, este grupo de amigos quere conmemorar este feito creando os “Premios Fouciño”, homenaxeando a que consideran a primeira peza creada na Costa da Morte.
Máis eventos de tipo Festival