Evento: Festival Noroeste Estrella Galicia 2018

  • Festival Noroeste Estrella Galicia 2018
  • Cartel Festival Noroeste Estrella Galicia 2018
  • Cartel Festival Noroeste Estrella Galicia 2018
Festival Noroeste Estrella Galicia 2018
martes, 7 agosto, 2018 a domingo, 12 agosto, 2018
Diferentes espazos,
A Coruña

Festival Noroeste Estrella Galicia 2018

Varios espazos da cidade da Coruña acollen concertos de bandas de diferentes estilos musicais

Durante seis días celebraranse diferentes actuacións musicais de grupos pop, rock, swing, folk, psicodelia, funk, kraut, fado, flamenco, rockabilly, jazz alternativo e indie e moitos máis.

O Festival Noroeste Estrella Galicia aposta por grupos imprescindibles e bandas emerxentes do panorama musical nacional e internacional. Celebraranse case un cento de concertos por toda a cidade, converténdose un ano máis nun dos festivais de referencia de Galicia e nun escaparate da nova escena musical galega.

Este 2018, o festival terá lugar do 7 ao 12 de agosto e contará con máis de 100 bandas e artistas que inundarán a cidade cos sons máis eclécticos. Esta 32º edición conta cun cartel que segue fiel á súa aposta pola calidade, a contemporaneidade e a singularidade de todos os seus directos no Noroeste Expandido, a Selección Noroeste, as Matinais e a Praia de Riazor. 

Encabezan o cartel The Pretenders, Belle and Sebastian, Temples e Viva Suecia.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos