Evento: Festival Castelo Rock
Festival Castelo Rock
Festival Castelo Rock
Volve o festival no que se podera gozar de algo máis que rock a partir do 3 de agosto
O Festival Castelo Rock 2018 empeza o venres 3 de agosto en Muros e ten unha duración de dous días.
O evento mestura diferentes estilos de rock que se interpretan en moitas linguas e da man de artistas de calquera lugar do mundo.
Os organizadores do evento forman parte da ACRD Praia do Castelo, unha asociación sen ánimo de lucro. O evento conta con acampada gratuíta e os menores de 12 anos terán entrada de balde.
Os grupos que actuarán son os seguintes:
- Indomable
- Playa Cuberris
- Adhara and Ritman
- Lisdexia
- Non Servium
- Riot Propaganda
- Lendakaris Muertos
- El Último Ke Zierre
- Trebutalina
- Festicultores Troupe
- Liviao de Marrao
- Almanimal
Máis eventos de tipo Festival