Evento: Sin City Devils + El Hombre Flipante y Los Replicantes
Sin City Devils + El Hombre Flipante y Los Replicantes
Sin City Devils é un grupo de punk rock de A Coruña composto por catro membros: Red Kraken (baixo e voz), Chou King (batería), Stuntman Jay e Dannyboy (guitarra). Levan activos dende 2015, e durante a súa traxectoria compartiron escenario con grandes grupos internacionais. A finais do ano 2017 grabaron o seu primeiro disco, Ready for Madness, formado por 11 temas.
El Hombre Flipante y Los Replicantes tamén é un grupo de punk rock, formado en Madrid no ano 2015, aínda que a súa actividade comezou cinco anos antes cando El Hombre Flipante deu os seus primeiros concertos en solitario na súa cidade natal: Ferrol. Tras varios cambios, a mediados do 2015 estableceuse a primeira formación con El Rubio (batería), Sergio (guitarra) e Iago (baixo e voz).
Máis eventos de tipo Concerto