Evento: Festival Hércules Brass

  • Festival Hércules Brass 2017 | Imaxe: Facebook Hércules Brass
Festival Hércules Brass
luns, 30 xullo, 2018 a venres, 3 agosto, 2018
Varios espazos da vila,
Celanova

Festival Hércules Brass

Quinta edición desta proposta para alumnado de instrumentos de vento-metal

Celanova acolle outro ano máis o Festival Hércules Brass, unha iniciativa que conxuga unha clara vocación didáctica, con clases maxistrais con mestres e mestras de trompeta, trombón, trompa e tuba, co afán divulgativo, grazas aos concertos de intérpretes de instrumentos de vento-metal.

Entre o profesorado que participa na quinta edición do festival están Andrea Conti, Fabio Frapparelli, desde a Orquestra da Academia Nacional Santa Cecilia de Roma, e Alfonso González Barquín, que será a partir deste outono o novo solista de trompeta desta agrupación. Tamén están José Redondo, Estefanía Beceiro, Iván Crespo, Jon Etterbeek e Roberto Bodí. 

Participan tamén varios grupos, como Spanish Brass, un referente nos quintetos de metais que conta cunha longa traxectoria, e os alacantinos Thinking Brass que, tras aterrar desde Suíza, actuarán por primeira vez en Galicia. 

Entre as actuacións que se poderán ver nestas datas, un concerto no órgano de San Salvador de Fernando Buide; o concerto de Galicia Brass Band, unha agrupación creada nas Rías Baixas por mocidade intérprete de vento metal; unha velada conxunta entre a Banda de Música de Celanova e os percusionistas Píscore; e a Hércules Brass Ensemble. Como peche, o alumnado interpretará unha selección musical. 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos