Evento: Semana dos Museos no Museo Fortaleza San Paio de Narla
Semana dos Museos no Museo Fortaleza San Paio de Narla
Os museos da Deputación de Lugo celebran na Semana dos Museos o Día das Letras Galegas, o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos.
Nesta ocasión, o lema escollido para o Día Internacional dos Museos é Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos, o que nos convida a reflexionar sobre un futuro hiperconectado entre os museos e os seus visitantes.
O plan desta semana é o seguinte:
17 de maio: Día das Letras Galegas
Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a María Victoria Moreno, escritora estremeña de nacemento que mantivo con Galicia e co galego unha historia de amor.
A actividade consiste en crear un panel en branco, coas siluetas dos retratos de mulleres vencelladas aos museos da rede, para que cada visitante escriba unha palabra en galego.
18 de maio: Día Internacional dos Museos
Exposicións e obradoiros para todas as idades co obxectivo de divulgar o coñecemento de técnicas e a obra gráfica gravada e impresa dos fondos dos museos da rede museística.
19 de maio: Noite dos Museos
Os membros do Club Pequeamig@s de San Paio de Narla que o desexen reúnense para participar nas actividades programadas.