Evento: Semana das Letras Galegas

Semana das Letras Galegas
venres, 11 maio, 2018 a domingo, 20 maio, 2018
Varios espazos ,
O Barco de Valdeorras

Semana das Letras Galegas

Teatro, cine ou libros para festexar o Día das Letras Galegas

A Semana das Letras Galegas encherá de cine, teatro e literatura as rúas do Barco de Valdeorras. Entre o venres 11 e o domingo 20, están programadas unha serie de actividades, que culminarán cun maratón de lectura na praza Andrés de Prada, para celebrar as letras galegas e homenaxear a María Victoria Moreno. 

Programa

Venres 11. Teatro Lauro Olmo. Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, de Matrioshka Teatro.

Martes 15. Conferencia na Biblioteca Delgado Gurriarán sobre María Victoria Moreno. 

Xoves 17. Festa das Letras na Praza Maior. 

Venres 18. Recital de poesía galega. Teatro Lauro Olmo. 

Xoves 17 e domingo 20. Pase do filme Dhogs. Teatro Lauro Olmo. 

Domingo 20. Maratón de Lectura. Praza Andrés de Prada. 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Fonte: Cortesía de Pablo Quintana na web da RAG
Día das Letras Galegas 2025
5 de maio a 31 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel