Evento: Pleno extraordinario da RAG en Pontevedra

  • Imaxe: Real Academia Galega
Pleno extraordinario da RAG en Pontevedra
xoves, 17 maio, 2018 - 12:30
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra

Pleno extraordinario da RAG en Pontevedra

A Academia recoñece a María Victoria Moreno no Día das Letras Galegas

O 17 de maio a Real Academia Galega celebra un pleno extraordinario en Pontevedra, co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado en 2018 á escritora María Victoria Moreno, que viviu a meirande parte da súa vida nesta cidade. Comezará ás 12: 30 horas no Teatro Principal. 

Neste plenario, aberto ao público, intervirán o académico Xesús Alonso Montero, que mantivo unha estreita relación con María Victoria Moreno desde que foron compañeiros de departamento, nos anos 60, no Instituto Masculino de Lugo; a académica Marilar Aleixandre, que tamén a coñeceu persoalmente e moi vinculada, como ela, á literatura infantil e xuvenil; e a académica e escritora pontevedresa Fina Casalderrey, outra integrante da institución que coñeceu ben a María Victoria Moreno, autora de libros para o público máis novo e tamén docente.

O evento enmárcase dentro da programación dos actos vinculados ao Día das Letras Galegas 2018 que se celebran en Pontevedra.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Fonte: Cortesía de Pablo Quintana na web da RAG
Día das Letras Galegas 2025
5 de maio a 31 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
LETRAS ... Galegas
5 de maio a 30 de maio
Biblioteca Pública de Ourense