Evento: Obradoiro de iniciación á arte de contar contos

Obradoiro de iniciación á arte de contar contos
sábado, 12 maio, 2018 a domingo, 13 maio, 2018
BenComún Espazo ,
Allariz

Obradoiro de iniciación á arte de contar contos

Taller en tres partes para iniciarse na narración oral

Obradoiro intensivo de iniciación á arte de contar contos impartido por Bea Campos (actriz, contacontos e directora teatral). Cunha duración de 9 horas divididas en dúas xornadas (sábado 12 e domingo 13 de maio), o taller está orientado dunha maneira moi clara á práctica da narración oral

O obradoiro estruturarase en tres partes: clasificación dos álbums ilustrados, a tradición oral e as diferentes técnicas para contar e aspectos prácticos na preparación dos contos e na organización das sesións.

Este obradoiro está dirixido á comunidade educadora e docente, persoal que traballa directa ou indirectamente en bibliotecas, mediación e incentivos á lectura ou na xestión cultural, pero está aberto para o público en xeral e calquera persoa apaixonada ou curiosa polo mundo dos contos e a actividade de contacontos.

 

Horario: sábado 12 de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e domingo 13 de 10:00 a 14:00

Dirixido a maiores de 16 anos

Prezo: 60€

Prazas limitadas: 22 persoas

Organiza: Punto e Coma | Colaboran: Migallas Teatro e BenComún Espazo

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Actividades de verán Museo Massó
Obradoiros infantís
10 de xullo a 26 de xullo
Museo Massó
campamento_castrexo
Campamento castrexo
14 de xullo a 24 de xullo
Museo do Castro de Viladonga