Evento: Bookcrossing nos museos

  • Celebración do Día do Libro nos museos mediante a iniciativa do bookcrossing
  • Celebración do Día do Libro nos museos mediante a iniciativa do bookcrossing
  • Celebración do Día do Libro nos museos mediante a iniciativa do bookcrossing
  • Celebración do Día do Libro nos museos mediante a iniciativa do bookcrossing
Bookcrossing nos museos
venres, 20 abril, 2018 - 10:00
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Bookcrossing nos museos

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, bibliotecas de museos e centros de arte e cultura únense no bookcrossing

Por  décimo ano consecutivo un total de 57 museos e centros de arte compartirán o próximo 20 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, e coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo.

Os libros conterán as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web http://www.bookcrossing-spain.com/, onde os lectores poderán indicar o lugar onde liberarán cada exemplar, o que permite seguir a pista de calquera deles e saber quen o leu e en que lugar.

O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.

Na nosa comunidade únense a esta inicitativa, entre outros, as bibliotecas do Museo das Peregrinacións e de Santiago, do CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, do Museo Etnolóxico Ribadavia-Ourense e do Museo de Belas Artes da Coruña, todos eles dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

No seguinte enlace pódese ver o vídeo preparado sobre a actividade para este ano 2018
https://www.youtube.com/watch?v=NvIqUHWBFf0

Participa en Twitter cos hashtags: 
#DíadelLibro
#BookcrossingMuseos

 

Museos e centros participantes:

Biblioteca de la UNED, Biblioteca del Museo de Zamora, Biblioteca del Museo Etnográfico de Castilla y León, Biblioteca del Museo l'Iber, Biblioteca del Museu de Belles Arts de València, Biblioteca del Museu Valencià d’Etnologia, Biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Biblioteca do Museo Galego da Marioneta, Biblioteca y Centro de Documentación. Artium, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo (Vitoria-Gasteiz), Bilboko Arte Ederren Museoa-Museo de Bellas Artes de Bilbao, Casa de Colón, CCCB, Centre de Cultura contemporània de Barcelona, CENDEAC, Centro de Documentación y Estudios Avanzados de Arte Contemporáneo, Centre d’art la Panera, Lleida, Centre de Documentació de Cultura Popular (Direcció General de Cultura Popular i Associacionisme Cultural-Gencat), Centro Atlántico de Arte Moderno, CAAM, Centro cultural Montehermoso kulturunea, Centro de Arte Caja de Burgos CAB, Centro de Arte Contemporáneo de Huarte-Uharteko Arte Garaikideko Zentroa, Centro de Arte La Regenta, Centro de Documentación de las Artes Escénicas de Andalucía, CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea, CRAI Belles Arts. Universitat de Barcelona, Es Baluard Museu d'Art Modern i Contemporani de Palma, Fundació Joan Miró, Fundación Eugenio Granell, IVAM Institut Valencià d'Art Modern, La Casona de Tudanca, MACA. Museo de Arte Contemporáneo de Alicante, MACVAC Museu d'Art Contemporani Vicente Aguilera Cerni (Vilafamés), MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MMC Museo Marítimo del Cantábrico, MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, Museo Arqueológico de Asturias,  Museo Art Nouveau y Art Déco – Casa Lis (Salamanca), Museo Bolarque de la Fundación Gas Natural Fenosa, Museo Casa Natal de Jovellanos, Museo de Belas Artes da Coruña, Museo de Bellas Artes de Asturias, Museo de la Naturaleza de Cantabria. MNAT, Museo de Navarra (Pamplona), Museo de Prehistoria y Arqueología de Cantabria - MUPAC, Museo de Valladolid, Museo del Carlismo / Karlismoaren Museoa, Museo del Ferrocarril de Madrid, Museo del Gas de la Fundación Gas Natural Fenosa, Museo del Traje, Museo Atnográfico de Cantrabia, Museo Etnológico de Navarra “Julio Caro Baroja” / Nafarroako “Julio Caro Baroja” Museo Etnologikoa, Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Museo Nacional de Antropología, Museo Nacional de Arte Romano, Museo Nacional de Cerámica y Artes Suntuarias González Martí, Museu de Prehistòria de València – Biblioteca, Muséu del Pueblu d’Asturies, Tabakalera. Centro Internacional de Cultura Contemporánea / Tabakalera. Kultura Garaikidearen Nazioarteko Zentroa.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
RUS-TICs : mellorando a relación das persoas maiores coas novas tecnoloxías
2 de xuño a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola