Evento: Play-Doc 2018

  • Play-Doc 2018
Play-Doc 2018
xoves, 26 abril, 2018 a martes, 1 maio, 2018
Teatro Municipal,
Tui

Play-Doc 2018

Esta edición dedica unha retrospectiva a Peter Emanuel Goldman

O Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui é xa unha cita ineludible para os amantes do cine independente e os documentais. Nesta ocasión,cinco títulos forman parte da sección a competición: The Waldheim Waltz(Ruth Beckermann), Going South(Dominic Gagnon), Lamaland(Pablo Sigg), Terra Franca(Leonor Teles) e Les Unwanted de Europa (Fabrizio Ferraro). Estas cinco obras, deste mesmo ano e estreas en España todas elas, someteranse á ollada dun xurado formado polo crítico e programador Roger Koza, a directora de programación da Cinemateca Francesa, Caroline Maleville, e unha das responsables de MUBI, cinemateca global en liña, Chiara Marañón.

Nesta edición ademais, presentarase a primeira retrospectiva do cineasta underground Peter Emanuel Goldman, director de Echoes of Silence difundirase a obra dos autores brasileiros Aloysio Raulino e Ozualdo Candeias; e recuperaranse catro filmes inéditos con mulleres menores como protagonistas, entre as que destaca Out of the blue de Dennis Hopper.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos