Evento: Sete Varas, Un Refaixo

  • Sete Varas, Un Refaixo
Sete Varas, Un Refaixo
sábado, 21 abril, 2018 - 20:30
Teatro Colón,
A Coruña

Sete Varas, Un Refaixo

Desfile da Asociación Etnográfica Sete Espadelas

Sete varas, un refaixo é unha mostra que trata de devolver o seu lugar ao traxe tradicional galego e de recuperar auténticas xoias do noso patrimonio.

A pasarela amosará máis de 45 traxes, todos eles antigos ou reproducións fidedignas, froito do estudo e investigación da asociación.

Haberá traxes de garda ou cerimonia de Betanzos, Malpica, Leiro ou Santiago, e tamén traxes domingueiros de Carballedo, Abadín ou Vilasantar, e traxes de decotío de Pontedeume, a Limia ou A Pastoriza.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
RUS-TICs : mellorando a relación das persoas maiores coas novas tecnoloxías
2 de xuño a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola