Evento: Orquesta O Fiadeiro
Orquesta O Fiadeiro
Orquesta O Fiadeiro
Espectáculo musical
Esta formación (gaitas, tambor, bombo, saxo, clarinete, acordeón, trompeta, trombón e bombardino) nace polo interese da Charanga O Fiadeiro na recuperación das antigas orquestras e tendo como referencia a Orquestra Os Padernes do Courel, principalmente do seu repertorio do que se nutre dende o ano 2008.
Foi en xuño de 2011 cando se presentou oficialmente este proxecto no Teatro Afundación de Vigo co motivo da gravación en directo do DVD da VII Gala Esta noite hai unha fía de oficios e labores da A. C. F. O Fiadeiro.
Máis eventos de tipo Concerto