Evento: Entre liñas
Entre liñas
Entre liñas
Unha exposición de cartas de escritores
A exposición Entre liñas, organizada pola Fundación Curros Enríquez e comisariada por Javier Gándara Feijóo, inclúe material documental, moitas veces inédito, dos fondos da Fundación. O proxecto céntrase en epístolas escritas por Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Otero Pedrayo e Faustino Santalices. Os contidos son dotados de contexto empregando pinturas, fotografías, gravados e outros documentos en alusión aos autores e textos seleccionados.
Entre liñas pretende ofrecer unha concepción distinta da vida e actividade intelectual dalgúns dos mellores literatos e investigadores galegos
Ligazóns