Evento: Pakolas

Pakolas
venres, 9 agosto, 2019 - 12:00
A Illa de Arousa,
A Illa de Arousa
Concerto de Paco Cerdeira

Paco Cerdeira vén de lanzar en decembro de 2017 o seu primeiro libro-disco en solitario Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Este novo traballo musical para os mais peques é no que se basea este espectáculo, editado pola Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore, en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e conta na edición coas ilustración de Laura Romero.
 
“Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender”. Chega con este novo traballo cantando e contando algunas das historias fantásticas na que os  animais serán os protagonistas: Baldomero o mero, Xabarín con bombín, Furafollas, A Quenlla Madrugadora , Mc Pac, Ri salta ri corre, etc
 
Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, neste espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción coas nenas e nenos en que os fai partícipes, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.