Evento: Festival Nun Local

  • Festival Nun Local
Festival Nun Local
xoves, 15 marzo, 2018 a domingo, 18 marzo, 2018
Distintos puntos da cidade,
Vigo

Festival Nun Local

O festival en locais vigueses celebra a súa cuarta edición

Festival Nun Local é un festival multidisciplinar que pretende fomentar as artes locais a través dunha simbiose co negocio pequeno; cultivando artistas, creando públicos e dinamizando barrios.

Desde 2014, en tres edicións teñen participado máis de 400 artistas en 123 escenarios de todo tipo; bares, panaderías, ferraxerías e mesmo unha inmobiliaria. Durante uns días, o barrio transfórmase en festival. As artes en todas as súas formas a pé de rúa, no bar de sempre, na peixaría —os escenarios das nosas vidas.

Mesturan poesía con pop, maxia con microteatro. Hai aforamentos desde setenta persoas ata sete. Veteranos xunto a novos talentos. O local. O espazo en se se incorpora ao proceso artístico. 

Tras recibir arredor de 250 propostas chegadas de toda España, o festival cumple o seu lema (“o pequeno pode ser grande”) e crece, ampliándose tanto en datas como en barrios: Churruca (xoves 15), Casablanca (venres 16) e Casco Vello (sábado 17 e domingo 18), onde comenzou todo.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos