Evento: Prehistoria cos clicks
Prehistoria cos clicks
A maqueta reflicte diferentes situacións do home nesa época: a caza, as covas, a pintura, o lume, e tamén aparecen algunas especies animais. Ao longo da maqueta aparecen algúns erros e anacranismos que seguramente aos máis pequenos lles chamarán a atención.
A exposición está organizada por Casvali Servicios Integrales en colaboración co Centro de Encuentros y Creatividad e a Asociación Cultura y Sociedad e o Museo de la Evolución Humana, co lema Xoguete + creatividade = coñecemento.
Os días 27 e 28 de marzo de 11:00 a 13:30 h haberá dous obradoiros sobre a Prehistoria. A inscrición é de balde, pode facerse a través do Gabinete Didáctico no teléfono 986 804 100, extensión 42413 ou no enderezo electrónico: gabinetedidactico.museo@depo.es.