Evento: Ensemble Vigo 430. Obras de Brahms
Ensemble Vigo 430. Obras de Brahms
A Vigo 430 nace de forma independente en 2005, co obxectivo de crear un grupo musical de calidade, formado na súa maioría por músicos dos conservatorios de Galicia. Nos seus primeiros traballos centrouse na creación do núcleo dunha orquestra de cordas, que a partir de 2010, xa co apoio do concello, será o orixe da orquestra sinfónica. Nas últimas tempadas, a programación da orquestra diversificouse en varias liñas especializadas:
– OSV430: orquestra sinfónica, eixo principal do proxecto.
– OBV430: orquestra barroca, especializada na música anterior a mediados do século XVIII e interpretada con criterios historicamente informados.
– OXV430: orquestra xove, pensada como canteira de músicos novos, co obxectivo de complementar e ampliar a súa formación orquestral.
– EV430: ensembles de música de cámara.
A Ensemble Vigo 430 presenta nesta actuación un repertorio composto por pezas do compositor alemán Johannes Brahms.
Contarán con Anna Fedorova ao piano e Iona Cristina Goicea ao violín.
Programa:
– 6 Klavierstücke Op.118
– Sonata Nº3 para violín e piano
– Quinteto para piano e corda
Máis eventos de tipo Concerto