Evento: Teatro no Museo
Teatro no Museo
Teatro no Museo
O Grupo de Teatro Arume presenta a obra A farsa de Bululú
O 20 de setembro comeza un ciclo teatral de tres pezas que terán lugar no salón de actos do Sexto Edificio. A primeira actuación será a do Grupo Arume Teatro, que interpretará a obra A farsa de Bululú, escrita por Manuel María.
A farsa de Bululú (1970) é unha sátira que fai referencia á situación política no franquismo. Deste xeito, tras o Bululú, o Gran Mariscal e a Raíña Facunda están Franco, Carrero e demais personaxes do réxime. Esta farsa, que bebe das fontes satíricas da tradición galego-portuguesa das cantigas de escarnio e maldicir e na que se critica claramente ao exército, tamén ten claras referencias ás obras de Valle-Inclán e de Lorca.