Evento: Enxebre Swing Festival

Enxebre Swing Festival
xoves, 17 maio, 2018 a domingo, 20 maio, 2018
Varios espazos da vila,
Bueu

Enxebre Swing Festival

Clases de lindy hop e música swing nas Rías Baixas

Nova edición do Enxebre Swing Festival, un evento de catro días no que se mesturan clases de lindy hop para iniciados e xente sen coñecementos previos con festas, concertos e outras actividades arredor da música de tipo swing.

Os espazos nos que se desenvolverán tantos as clases como as festas do ESF 2018 están localizados no casco urbano de Bueu. Haberá unha carpa, montada en exclusiva para o desenvolvemento do festival, que contará con 200 metros cadrados de pista de baile, e será o escenario das festas do venres e sábado, ademais de aloxar algunhas das clases do Pase Cabra. No salón do hotel Incamar impartiranse algunhas das clases do Pase Cabra. Parte da programación será no Aturuxo Bar, unha das salas de referencia no circuíto musical galego e a primeira sala en albergar clases de lindy hop e festas swing en Galicia, desde 2012.

O periodo de inscrición ábrese o 26 de febreiro.

 

Programa de día

Xoves 17
18.00 a 21.00h. Lindy Hop para cheiróns 

Venres 18
11.30h – 13.30h Actividades extra
18.00h – 21.00h Tasters: African Roots (Cristina Malvárez), Musicalidade (Andrea e Fosy), Vintage Jazz (Abeth Farag)

Sábado 19
11.00h – 14.30h | 16.30h – 20.00h Clases 
20.00h Actividades extra

Domingo 20
11.00h – 14.30h | 16.30h – 20.00h Clases

Os horarios específicos dos tasters e cada nivel de lindy hop publicaranse unhas semanas antes do festival. Cada nivel terá 6 horas de clase.

Programa de noite

Xoves 17
22.00h – 01.00h Festa Swing especial Letras Galegas no Aturuxo Bar

Venres 18
22.30h – 03.00h Festa con música en directo

Sábado 19
22.30h – 03.00h Festa con música en directo

Domingo 20
22.00h – 01.00h Festa de despedida no Aturuxo Bar

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos