Evento: Personaxes
Personaxes
Personaxes
Mostra da obra de Carmen Prado
A sala de exposicións da Casa da Cultura de Vilalba acolle a mostra de pintura de Carmen Prado, que leva por nome Personaxes.
Prado é unha pintora autodidacta, que tras 20 anos de dedicación ao mundo do debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados realizou en 2013 a súa primeira mostra pictórica. Desde entón difundiu a súa obra por varios países, entre eles Inglaterra ou Francia.
A exposición permanecerá aberta dende o día 8 de febreiro ata o 2 de marzo de 2018, ambos inclusive, podéndose visitar dentro do horario da Casa da Cultura.
Ligazóns