Evento: Entroido en Baños de Molgas
Entroido en Baños de Molgas
venres, 9 febreiro, 2018 a mércores, 14 febreiro, 2018
Varios espazos da vila,
Baños de Molgas Entroido en Baños de Molgas
Actividades para todos os públicos
A celebración do entroido en Baños de Molgas comeza cun evento para a rapazada: o Ciclo de entroido concentrado para cativ@s. Esta actividade une os festexos dos domingos de oleiro, fareleiro e corredoiro nun só día. Celébrase o 9 de febreiro (nova data por cancelación da anterior), a partir das 16.30 na Aira de Arriba, e os asistentes teñen que ir vestidos de farrumecos.
O domingo, 11 de febreiro, é o día do desfile e concurso de comparsas, que sairán ás 16.30 horas da Casa do Concello, e irán acompañadas da charanga Sorcha.
O mércores, 14 de febreiro, celébrase o Enterro da sardiña coa procesión polas rúas da vila a partir das 17 horas.
Ligazóns