Evento: Os tres porquiños
Os tres porquiños
Os tres porquiños
Espectáculo de teatro infantil da compañía Educa Teatro Producións
- Paulo Medal (Explorador)
- Martiña Villar (Porquiño Pequeno)
- Susana Martínez (Porquiño Mediano)
- Andrés Viana (Porquiño Maior)
- Mariña Río (Lobo Feroz)
Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?
A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?
Ligazóns