Evento: Vigo Industrial

Vigo Industrial
xoves, 1 febreiro, 2018 - 21:30
Sala Magnética,
Vigo

Vigo Industrial

Presentación do proxecto para poñer en valor o legado industrial da zona

A importante industrialización na cidade de Vigo, da man primeiro do sector pesqueiro e asociados e despois do automobilístico, deixou numerosas marcas na súa paisaxe urbanística. Vigo industrial, un proxecto multidisciplinar e colaborativo, quere lembrar e recuperar este legado.

Os actos de presentación desta iniciativa se celebran ao longo de dous días:

- O mércores 31 de xaneiro, ás 19:30, terá lugar a presentación oficial, coa introdución da web e do Catálogo do patrimonio industrial da Ría de Vigo

- O xoves 1 de febreiro ás 20 horas inaugúrase a exposición Sumideirografías, de Uxío Reinoso. Un traballo experimental, entre o técnico e o artístico, que recolle impresións de tapas de sumidoiros sobre follas de papel reciclado. Ás 21.30 horas haberá unha Sesión H.A.L.O., con improvisación musical e visual sobre metraxe do documental de 1928 Talleres Alonarti

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello