Evento: Xavi Sarrià + Pirat's Sound Sistema

Xavi Sarrià + Pirat's Sound Sistema
venres, 17 novembro, 2017 - 21:00
Sala Malatesta,
Santiago de Compostela

Xavi Sarrià + Pirat's Sound Sistema

O músico de Valencia presenta o seu novo disco

Xavi Sarrià foi alma fundadora do grupo Obrint Pas, un dos pioneiros da escena valenciana actual e un dos máis internacionais da música en catalán. Despois de escribir dous libros de narrativa, agora volve á carga cun novo disco, Amb l'esperança entre lles dents (Propaganda pel fet! 2017). En directo Xavi Sarrià está acompañado pola banda La vella escola, coa potente mestura de estilos e emocións marca da casa.

Pirat's Sound Sistema son o sound system de reggae, ragga e dancehall por antonomasia en Cataluña. Os de Sants levan poñendo do revés o panorama  catalán desde finais dos 90, con tres discos publicados e centenares de concertos e un show cheo de himnos propios, hits da sempre ardente actualidade musical xamaicana e incursións tamén en terreos como o drum'n'bass.

Máis eventos de tipo Concerto

French Riviera
3 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
The Blues Moonshiners
3 de maio
La Pecera
Ilegales
3 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5