Evento: Api Uiz e Alexandre Losada

  • Liceo Mutante
Api Uiz e Alexandre Losada
sábado, 2 decembro, 2017 - 20:30
Liceo Mutante,
Pontevedra

Api Uiz e Alexandre Losada

Tras cinco anos, Api Uiz regresan ao Liceo Mutante

Dende hai máis de vinte anos e fóra dos circuítos comerciais, os membros de Api Uiz funcionan como unha célula autónoma a través dos escenarios de toda Europa e América.

As estruturas polirrítmicas e os cruces da enerxía punk coas secuencias do zouk convértense case en música africana. Rock de espíritu punk colorado de rumba congoleña e pop decadente.
As composicións son unha alternancia de partes repetitivas e voos febrís. E detrás de todo iso, ritmos ruidosos onde sobreviven melodías sedutoras e extravagantes. 

Alexandre Losada, habilidoso da improvisación e os circuítos underground, estará abrindo a noite. Alexandre traballa nas marxes das músicas improvisadas, empregando a súa guitarra coma fonte infinita de sons. 

Máis eventos de tipo Concerto

Maxicamente
2 de xullo
Praza do Cantón
Maxicamente
3 de xullo
Praza do Concello
Catas sonoras
3 de xullo
Museo do Viño de Galicia