Evento: Fairway Forum do Camiño de Santiago
Fairway Forum do Camiño de Santiago
Fairway Forum do Camiño de Santiago intentará un ano máis ser un punto de encontro para todos os interesados no Camiño de Santiago. O domingo 12 contará cunha programación especial para todos os públicos, de acceso libre.
Durante o luns e o martes, será un foro profesional sobre o Camiño e o seu impacto. O luns 13 o congreso iniciarase coa mesa Camiño de Santiago: 30 anos do primeiro itinerario cultural. Seguirán as conferencias A xestión pública coordinada do Camiño, é posible?, Retos do Camiño ou Outros itinerarios culturais: espellos e reflexos. O evento terá mesas de debate sobre diferentes aspectos ligados ao Camiño e eventos relacionados coa súa historia e o seu patrimonio.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso