Evento: Family Folks + Dead Wood

  • Family Folks + Dead Wood
  • Family Folks + Dead Wood
Family Folks + Dead Wood
sábado, 28 outubro, 2017 - 22:30
SalaSon,
Cangas

Family Folks + Dead Wood

Unha viaxe musical desde a Costa Oeste americana ao corazón das Rías Baixas

Family Folks é o  álter ego de Ruben Xuarez (Foggy Mental Breakdown, Los High Sierras) y Bosco Hill (The Last But One). Dúas voces coñecidas da escena viguesa, dos artistas intrépidos que uniron as súas forzas a principios de 2015 para dar forma unha quimera na que aproveitan a súa experiencia como instrumentistas (banjo, guitarra, mandolina, ukelele)  repartindo a partes iguais voz e autoría de boas cancións. No 2016 incorporáronse  á Family Folks os irmáns Jorge e Martín López (The Allnight Workers, Dead Wood) como sección rítmica da banda, o que resultou nunha asociación de alta  voltaxe.   Este tándem de trobadores do rock regalan unha visión moi persoal e cancións  con doses de psicodelia, pop luminoso,   country sureño e blues taberneiro.