Evento: Xornadas de Música Contemporánea 2017

  • Xornadas de Música Contemporánea 2017
Xornadas de Música Contemporánea 2017
sábado, 7 outubro, 2017 a mércores, 25 outubro, 2017
Distintos espazos da cidade,
Santiago de Compostela

Xornadas de Música Contemporánea 2017

Música [e outras artes]

Entre os meses de outubro e novembro celébrase unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea. Unha actividade estruturada arredor de varios concertos nos que a transversalidade da música e a súa relación con outras artes cobra protagonismo. Dezaoito recitais entre os que se inclúen dez estreas absolutas e cuxa programación está conformada polos grupos máis consolidados do actual panorama da música contemporánea.

A Concellaría de Acción Cultural en colaboración coa USC e o CGAC levan a cabo estas Xornadas que xeran lugares para o encontro e a difusión da música en diversos espazos da cidade, como a Igrexa e o Paraninfo da Universidade, o Centro Galego de Arte Contemporánea ou o Auditorio de Galicia. Crean ao seu redor un tecido cultural a prol das manifestacións musicais máis actuais. 
 

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A Pedreira – Basal, presentación especial Letras Galegas 2025
14 de xuño
Casa da Cultura de Bertamiráns