Evento: Memoria e Muller: A palabra xusta + coloquio con Antía Cal

Memoria e Muller: A palabra xusta + coloquio con Antía Cal
domingo, 8 outubro, 2017 - 18:00
Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla,
Vedra

Memoria e Muller: A palabra xusta + coloquio con Antía Cal

Proxección do documental sobre Antía Cal, coa súa participación no coloquio posterior

Un achegamento a Antía Cal, 'Tita' para os seus alumnos, unha muller singular que en 1961 fundou nun garaxe en Vigo o Colexio Rosalía de Castro, poñendo en marcha unha das máis singulares experiencias educativas da súa contorna, un referente da renovación pedagóxica. Aos seus 92 anos, Tita vai debullando ante a cámara os seus recordos, os seus pensamentos, as súas emocións: todo canto a conformou como muller, como mestra e como pedagoga que deixou unha fonda pegada no seu alumnado.

Organizado pola Asociación SENUNPE$O dentro do seu ciclo de outono "Memoria e Muller". A propia Antía Cal estará presente para participar no coloquio de despois.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Papa les petits bateaux...
29 de maio
Filmoteca de Galicia
El extranjero
29 de maio
Filmoteca de Galicia
250530_cartel_negueira_pura
PURA
30 de maio
Local social de Negueira de Muñiz
Sesión Eloy Lozano
30 de maio
Filmoteca de Galicia