Evento: IGMIG

  • IGMIG
  • IGMIG
  • IGMIG
IGMIG
venres, 6 outubro, 2017 - 22:30
Sala Super 8,
Ferrol

IGMIG

O grupo musical presenta o seu último disco

Este grupo galego formado por tres integrantes, representan diferentes estilos musicais nas súas espectaculares actuacións, entre os xéneros podemos atopar a electrónica, o rock progresivo, o punk e ata a música clásica do pasado século.

Por iso, non lles gusta definirse cun só estilo xa que a música que tocan marca unha mestura de diferentes xéneros. As súas actuacións son moi diferentes ao que estamos afeitos xa que realizan escenas que simulan ás teatrais á vez que representan as súas obras musicais.

Por todo iso son un grupo diferente, que sempre deixará ao público coa boca aberta. Este ano presentan o seu último disco Ai, que lío!, que lles levou a gañar un premio na Coruña.

Máis eventos de tipo Concerto

Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23
Habitación Vudú
7 de xuño
Arca da Noe
Moon Cresta
7 de xuño
Sala Guión