Evento: Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia

  • Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia
Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia
venres, 8 setembro, 2017 a venres, 6 outubro, 2017
Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa,
Lalín

Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia

Unha mostra articulada por fondos procedentes da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America

Unha solleira mañá de agosto do ano 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York Ruth Matilda Anderson. Nese preciso intre comezaba a tomar forma unha aventura coidadosamente deseñada.

Archer Milton Huntington fundara en 1904 The Hispanic Society of America, museo, biblioteca pública e institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispánico. Huntington determinou que o seu museo incluiría un arquivo fotográfico, considerando a, daquela, incipiente tecnoloxía como ferramenta de traballo para a investigación. Con ese obxectivo adquiriu imaxes e promoveu expedicións. Ningún dos fotógrafos que enviou á península ibérica obtivo mellores resultados que Ruth M. Anderson. Ela realizou en Galicia dúas extensas campañas fotográficas, de 1924 a 1926, acompañada na segunda pola súa colega Frances Spalding, que definiron a metodoloxía fotográfica da Hispanic Society.

O traballo da moza Anderson, dirixido por Huntington, converteuse na procura e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do mar nin a cultura material de Galicia foran obxecto de principal atención para a fotografía de xeito tan exhaustivo.

Esta mostra encádrase dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, unha aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos seus edificios. 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n