Evento: Mueran Humanos + Plástico

  • Mueran Humanos
Mueran Humanos + Plástico
mércores, 20 setembro, 2017 - 20:30
Liceo Mutante,
Pontevedra

Mueran Humanos + Plástico

Directo escuro e hipnótico

Mueran Humanos é unha parella de orixe arxentina pero afincada en Berlín, que constrúe as súas cancións a base de sons tensos e vibrantes dunha beleza subxugante. Os tenebrosos teclados e voz de Carmen xunto co potente baixo de Tomás crean grandes temas que atrapan o espectador nas súas atmosferas de sedosas cadencias. 

Dende que comezaron en 2006 compartiron escenario con Cult of Youth, Damo Suzuki (Can), Genesis P. Orridge (Psychic TV), entre outros.

Neste tempo publicaron tres álbums, sendo o último Miseress, editado por ATP Recordings coa colaboración do guitarrista de Jochen Arbeit (Einstürzende Neubauten, Die Haut).

Plástico fabrica sesións alucinóxenas que saltan do electro ao italo-disco ou ao rave techno.

Máis eventos de tipo Concerto

Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños
Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello