Evento: FETEGA XXVIII Edición

FETEGA XXVIII Edición
martes, 5 setembro, 2017 a sábado, 9 setembro, 2017
Anfiteatro e Auditorio municipal,
O Carballiño

FETEGA XXVIII Edición

Volve o Festival de Teatro Galego do Carballiño

Este ano o FETEGA ven máis cargadiño de propostas teatrais para o público adulto e infantil que nunca! Esta é a programación completa do 28º Festival de Teatro Galego do Carballiño:

ANFITEATRO, 19.30 h. (de balde)

MARTES 5 abre o FETEGA "WELCOME" da compañía Duelirum. Intencións e emocións ocultas expostas a mirada que pasa o redor dunha casa de 12 metros cadrados sen paredes.

MÉRCORES 6, "LILA STAR" da compañía Vueltos de Rosca, onde os equilibrios imposibles sobre obxectos se fan posibles a ritmo que nos fará non parar de bailar.

XOVES 7, "ESCOLA DE SALTIMBANQUIS", da compañía Pistacatro, para facer partícipe das artes a toda a familia (pais-fillos e avós-netos) dun xeito divertido e lúdico.

VENRES 8, "NONO", da compañía Nono Productions, un inocente clown nun mundo de fantasía e malabares, cos problemas acontezan en cada esquina resoltos con moito humor.

SÁBADO 9 "CONTIGUO", da compañía IO, pechará o programa do anfiteatro, coa poesía do corpo e os propios límites, o reinventarse unha e outra vez a través dos demais.

AUDITORIO MUNICIPAL (22:30h):

MARTES 5 "EROSKI PARAÍSO",compañía Chévere. Mellor espectáculo de 2016.

MÉRCORES 6, "A CANCIÓN DO ELEFANTE" , compañía Redrum Teatro.

XOVES 7, "DRAMATURXIA DAS MULHERES", compañía Inherente Teatro.

VERNES 8, "IMPRONEWS", compañía Triatreros.

SÁBADO 9 "AFIANDO CON HUMOR", con SERGIO PAZOS e a posterior GALA DE ENTREGA DE PREMIOS FETEGA "DOROTEA BÁRCENA"

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos