Evento: Curtocircuíto 2017

  • Arredor do son - Curtocircuíto
  • Arredor do son - Curtocircuíto
Curtocircuíto 2017
domingo, 1 outubro, 2017 a domingo, 8 outubro, 2017
Obra Social Abanca (Cervantes) ,
Santiago de Compostela

Curtocircuíto 2017

Arredor do son

Máis dunha ducia de profesionais e artistas internacionais, catro obradoiros, un seminario, cinco conferencias, unha performance, dous programas de películas que ilustran a importancia do son no cine, un concerto e unha exposición dotarán de contido á edición 2017 de Curtocircuito. Arredor do son é un conxunto de encontros interdisciplinarios que dialogan en torno ao concepto de son como forma de expresión e vía de coñecemento, organizado con apoio de Agadic Galicia ProFilme. O edificio Obra Social Abanca situado na praza de Cervantes aglutinará grande parte das actividades consolidándose como unha nova sede do festival compostelán.

Fronte á tradicional hexemonía da imaxe no mundo do cinema, Curtocircuíto quere poñer en valor o son como linguaxe e vehículo de expresión, non só no ámbito cinematográfico. Estes encontros abordarán aspectos como a paisaxe sonora, a gravación de campo, a etnografía, a inmersión sensorial e a sinestesia. Serán a principal novidade desta décimo cuarta edición do festival. Ademais da oferta formativa, tamén haberá instalacións artísticas e performances en espazos públicos na programación do evento.

David Toop, Juan Carlos Blancas ou Mateo Mena serán algúns dos nomes que formarán parte do programa. 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos